Somos quen de voar


Xosé Anxo Varela Rodríguez "Canti"
(Taboada, 1967 - Lugo, 2019)
Para quen o coñeceu non necesita presentación. Quen non tivo esa sorte, pode achegarse á súa figura nas páxinas de Entreno diario, diario de entreno, do que foi artífice... (seguir lendo)

As persoas que colaboramos neste blog quixemos renderlle unha homenaxe,

unindo a escrita e o fútbol, e facendo noso o seu proxecto.


15/03/19

David Vázquez (Pinancho)

Un namorado desta terra, aínda que estudou fóra, e podía traballar lonxe de aquí, sempre soubo que o seu destino era Chantada e a súa comarca. Aquí cámara ó lombo percorreu case tódolos camiños dende o Faro ata o Miño.
Tamén é contador de historias, ou máis ben, transmisor de casos reais a través dos seus documentais, que como non, están a maioría gravados nestas terras.

É un home da ribeira, por iso gusta de traballar nela, e saborear os grandes viños de Pesqueiras, San Fiz ou Sobrecedo. 
Séntese afortunado de vivir nun sitio tan fermoso. Dí que hai que coidalo moito, xa que, "nós ímonos, e isto queda aquí para os nosos fillos, e netos...".

Ningún comentario:

Publicar un comentario