Chámome
Carlos e son de Quiroga. De pequeno xogaba a diferentes
profesións, dende carteiro ata médico, e finalmente decidín que
quería ser xornalista. Niso sigo e agora escribo no xornal, falo
pola radio e, ultimamente, mesmo saio na tele.
|
|
Quen
mo diría, cando hai nada estaba en primaria facendo un programa
de radio no que tiñamos que cantar a sintonía por non ter un
ordenador para poñela.
O
fútbol é outra das miñas paixóns e mentiría se dixese que me
interesa máis a final da Champions ca un partido calquera de
Terceira. Son deportivista e isto, por moi mal que veñan as
cousas, non é negociable.
|
|
Somos quen de voar
(Taboada, 1967 - Lugo, 2019)
Para quen o coñeceu non necesita presentación. Quen non tivo esa sorte, pode achegarse á súa figura nas páxinas de Entreno diario, diario de entreno, do que foi artífice... (seguir lendo)
As persoas que colaboramos neste blog quixemos renderlle unha homenaxe,
unindo a escrita e o fútbol, e facendo noso o seu proxecto.
04/03/19
Carlos González
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario