Somos quen de voar


Xosé Anxo Varela Rodríguez "Canti"
(Taboada, 1967 - Lugo, 2019)
Para quen o coñeceu non necesita presentación. Quen non tivo esa sorte, pode achegarse á súa figura nas páxinas de Entreno diario, diario de entreno, do que foi artífice... (seguir lendo)

As persoas que colaboramos neste blog quixemos renderlle unha homenaxe,

unindo a escrita e o fútbol, e facendo noso o seu proxecto.


03/03/19

Almudena Falcón





Sempre en Saor nutriuse das fontes chairegas dende o nacemento, ricas en terra e poesía. Xa no berce escoitaba os contos dos avós que falaban de misteriosas anduriñas e tempos afastados. Aprendeu letras cunha tía avoa que tecía lenzos de historias e comezou a escribir versiños rimados na escola.
Non entende a literatura sen paisaxe -sen a paisaxe da Chá- e esquiva certas convencións do sistema literario.



 


Ningún comentario:

Publicar un comentario