Somos quen de voar


Xosé Anxo Varela Rodríguez "Canti"
(Taboada, 1967 - Lugo, 2019)
Para quen o coñeceu non necesita presentación. Quen non tivo esa sorte, pode achegarse á súa figura nas páxinas de Entreno diario, diario de entreno, do que foi artífice... (seguir lendo)

As persoas que colaboramos neste blog quixemos renderlle unha homenaxe,

unindo a escrita e o fútbol, e facendo noso o seu proxecto.


29/10/21

Beatriz Paderne

 




Nacín en Santiago de Compostela onde pasei unha feliz infancia e mocidade.

Dende xa ben pequena quixen ser profesora de matemáticas, profesión que agora exerzo e adoro.

Fascínanme as adiviñas lóxicas, os xeróglifos... e demais pasatempos similares. Desfruto tamén moito dando pequenos paseos coa familia que eu creei a carón do mar ou mergullándome nunha frondosa arboreda.


Ningún comentario:

Publicar un comentario