Somos quen de voar


Xosé Anxo Varela Rodríguez "Canti"
(Taboada, 1967 - Lugo, 2019)
Para quen o coñeceu non necesita presentación. Quen non tivo esa sorte, pode achegarse á súa figura nas páxinas de Entreno diario, diario de entreno, do que foi artífice... (seguir lendo)

As persoas que colaboramos neste blog quixemos renderlle unha homenaxe,

unindo a escrita e o fútbol, e facendo noso o seu proxecto.


30/04/20

Mario Outeiro

Naceu na pequena chaira corguesa no 1978 pero rematou instalándose coa familia en Mondriz (Castro de Rei) da Terra Chá. De formación universitaria técnica é profesor de ensino secundario nas especialidades de Física e Química e de Tecnoloxía. Na actualidade imparte aulas no IES Pedregal de Irimia de Meira.



Gústalle a política, o medio rural e escribir (é colaborador semanal do xornal “El Progreso” e dalgún que outro portal de internet). Ten dous fillos e ao maior deles gústalle o fútbol (deporte no que o pai nunca destacou). Ogallá deste deporte aprenda o valor do esforzo e o traballo en equipo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario