Son
Toño
Núñez...
Un home... Nacín ás beiras do río Navia… Medrei no val de
Suarna entre as néboas da timidez e dos complexos... Desexei
xogar no Real Madrid... E ser cantante de orquestra... E casar
cunha moza rubia... O primeiro bico sóubome a tabaco... Por
accidente, fíxenme mestre… Despois… Quixen ser poeta…
|
|
“Y
los sueños… sueños son…” Casei cunha morena, canto nun
coro e non pasei de xogar no Iris de Magoi; equipo no que tamén
xogaron, por exemplo, Paco Martín e Isidro Novo… Nunca soportei
a prepotencia. E vivín con noxo a retransmisión de moitos
partidos de fútbol, na televisión e na radio, cando os equipos
contrarios eran, supostamente, inferiores. Así naceu
Gastroenterite mental.
|
|
Somos quen de voar
(Taboada, 1967 - Lugo, 2019)
Para quen o coñeceu non necesita presentación. Quen non tivo esa sorte, pode achegarse á súa figura nas páxinas de Entreno diario, diario de entreno, do que foi artífice... (seguir lendo)
As persoas que colaboramos neste blog quixemos renderlle unha homenaxe,
unindo a escrita e o fútbol, e facendo noso o seu proxecto.
12/06/19
Toño Núñez
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario