Somos quen de voar


Xosé Anxo Varela Rodríguez "Canti"
(Taboada, 1967 - Lugo, 2019)
Para quen o coñeceu non necesita presentación. Quen non tivo esa sorte, pode achegarse á súa figura nas páxinas de Entreno diario, diario de entreno, do que foi artífice... (seguir lendo)

As persoas que colaboramos neste blog quixemos renderlle unha homenaxe,

unindo a escrita e o fútbol, e facendo noso o seu proxecto.


24/02/19

Eva Teixeiro


Nacín en Lugo, a mediados dos 70; son docente no ensino medio con alma de "proxelecta", que diría Forges.
A actividade cultural e a lectura son o meu osíxeno.
O meu carro é cerna dura: terra, lingua, muller, arte, historia. Nel axéitanse ben formas creativas mixtas -canción, viñeta- que xunguen a música, a escrita, o debuxo.
Collín a pluma na honra de quen xa para sempre entrefrebou a aperta máxica das palabras e o fútbol. Nada hai alleo á súa (nosa) memoria.

.

Ningún comentario:

Publicar un comentario